viernes, 5 de diciembre de 2014

Exame Naturais

Sempre que poda procurarei poñer ao voso dispor os exames que imos facendo para que podades  miralos na casa e repasalos ou repetilos
Exame de naturais 1

 Aquí vai o exame dos osos e músculos, non me diredes que foi difícil PREME

O ESQUELETO E OS MÚSCULOS

Como xa sabedes, para a volta de Nadal temos que ter estudados os músculos e ósos. Non hai máis remedio que escribilos e leelos moitas veces, especialmente porque a maioría dos xogos que andan pola rede están en castelán e se os usamos sería un lio colosal porque mesturariades Galego e Castelán e ao final non os aprenderiades nin nuha lingua nin noutra.Se teño tempo fareivos algún xoguiño en Galego pero non prometo nada (Xa sabedes que estou maliña estes días)
Entre tanto, aquí tedes unha canción para memorizar os ósos dun xeito máis agradable.

PREME para escoitar a canción



 Velaquí tedes a letra


O esqueleto cantado por Migallas
                 

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ¡ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!

viernes, 21 de noviembre de 2014

Exame Os alimentos

Para este exame temos que saber: 
- Cales son os tipos de alimentos e algúns exemplos de cada tipo.
- Que son as substancias nutritivas? Tipos de nutrientes e algúns alimentos que os conteñan.
-Grupos de alimentos: Exemplos e para que nos serven.
-Si vos digo un alimento tedes que saber a que grupo pertence, se é de orixe animal, vexetal ou mineral e que substancias nutritivas aporta.
-Que é a dieta e que debemos facer para que sexa equilibrada.
- Que alimentos debemos comer cada día, só ás veces...(A pirámide dos alimentos)
- Exemplos de alimentos que se consuman frescos, conxelados, en salazón etc.
Interpretar unha etiqueta (saber cal é a data de caducidade ou de consumo preferente e os ingredientes) Evidentemente esto último farase mirando para unha etiqueta. Non vaiades tolear e empecedes a estudar as etiquetas das latas!!!!!

Preme para ver o exame

sábado, 1 de noviembre de 2014

Unha dieta saudable é moi importante

Preme para ver o videoRecentemente vimos de participar nunha actividade relacionada coa Dieta Mediterránea e nel ofrecéronnos un video ben interesante.

Cun pouco de retraso pero aquí vos van unhas fotiños do obradoiro sobre a Dieta Mediterránea que fixemos e por suposto das actividades realizadas en Educasaude, que foron magníficas.





Cociñando mariquitas demostraron que eran uns fieras






 Coas rapazas de educasaude aprendimos que alimentos son mellores para a nosa saude e cales debemos tomar moi de cando en cando.
Por suposto tam´´en nos falaron dos perigos do tabaco e debuxamos uns pulmóns felices e outros ben tristes.