Velaquí temos
un novo exame de Naturais. A continuación podedes ver que debedes saber
se queredes sacar unha boa nota.
- As plantas son seres vivos? Porqué? Cales son as súas dúas diferenzas principais cos animais?
-Partes
da planta, da flor e da folla. Poremos debuxos para que escribades os nomes.
-Tipos de plantas: saber clasificalas e dar exemplos,
explicar as súas características segundo o tipo
de talo que teñan, se perden ou non as súas follas…
- Reproducción das plantas:
Saber que pode ser sexual ou asexual (Desta última abonda con coñecer algún exemplo )
Saber que o órgano de reprodución sexual é a flor. Para que serven os pétalos?
Coñecer algúns axentes de polinización: abellas, bolboretas, morcegos... Porqué van ás flores?
Explicar paso a paso como ocorre. Mirade ben o debuxo da páxina 72
- Nutrición das plantas. Debuxar a fotosíntese e explicala como nas fichas que traballamos na clase.