viernes, 23 de enero de 2015

Exame dos Animais



Este tema correspóndese co 4 do voso libro e temos que aprendelo enteiriño.
Aconséllovos que repasedes, coma sempre, as fichas que vos dimos. Mirade ben:
-          Son seres vivos os animais? Porqué?
-          Como se clasifican segundo a súa alimentación?
-          Como se desplazan os animais? Que extremidades utilizan? Que relación hai entre o modo en que se desplazan e o medio no que viven?
-          Como clasificamos os animais segundo a súa reproducción?
-          Que é a metamorfose? Tes que saber dar exemplos de animais que a fagan e, no seu caso, das fases polas que pasan (pupa ou crisálida, larva e adulto para os insectos)
-          Como se clasifican os animais segundo teñan ou non columna vertebral?
-          Debes coñecer cada grupo de vertebrados e as súas características principais. Por exemplo : os peixes viven no auga, teñen aletas e escamas, desplázanse nadando, respiran por branquias)
-          Para os invertebrados o mesmo.
-          Xa sabes que normalmente non te pedimos definicións, senón que apliques o que aprendiches. Poremos animais para que clasifiques, cadros para que digas as súas características, esquemas para que completes e moito razoamento. Unha desas preguntas que esixen aplicar o aprendido podería ser a imaxe dun bichiño para que o clasifiquedes.

Preme se queres ver o exame

sábado, 17 de enero de 2015

Os animais

Nestes días estamos a estudar un tema relacionado cos animais e estivemos a ver uns videos ben chulos e algunhas imaxes sobre eles.
Tal e como vos comentei aquí os tedes:
https://www.youtube.com/watch?v=GuHYB6O2b24preme e mira o video da metamorfose da volvoreta
Preme e mira o video dos vertebradosNeste video tes toda a información dos vertebrados

 Preme para ver aos invertebradosPreme para ver aos invertebrados



Tamén estivemos a ver como se forma un polo nun ovo e xurdiron moitas preguntas:
- Como é que os ovos que mercamos non teñen polo dentro?
-Que come o polo cando está dentro do ovo?
-Porqué os ovos teñen números escritos?

Lembrades as respostas?????

E que me dicides destos bichiños? Alguén sabe como se chaman?