sábado, 7 de marzo de 2015

Exame das plantas



Velaquí temos un  novo exame de Naturais.  A continuación podedes ver que debedes saber se queredes sacar unha boa nota.
- As plantas son seres vivos? Porqué? Cales son as súas dúas diferenzas principais cos animais?
  -Partes da planta, da flor e da folla. Poremos  debuxos para que escribades os nomes.
-Tipos de plantas: saber clasificalas e dar exemplos, explicar as súas características segundo o tipo
de talo que teñan, se perden ou non as súas follas…
- Reproducción das plantas: 
               Saber que pode ser sexual ou asexual (Desta última abonda con coñecer algún exemplo ) 
               Saber que o órgano de reprodución sexual é a flor. Para que serven os pétalos?
              Coñecer algúns axentes de polinización: abellas, bolboretas, morcegos... Porqué  van ás flores?
              Explicar paso a paso como ocorre. Mirade ben o debuxo da páxina 72
- Nutrición das plantas. Debuxar a fotosíntese e explicala como nas fichas que traballamos na clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario