Velaquí tedes o que nos vai entrar no exame da Materia. Estudádeo ben que xa apenas nos queda curso!!
- Definicións de materia,masa, volume, mestura homoxénea e heteroxénea e material. Por suposto sempre sendo quen de dar exemplos.
- Saber cales son as propiedades fundamentais da materia e con que aparello e en que unidade se miden.
- Coñecer o nome dalgunhas propiedades específicas da materia (rugosidade, dureza, elasticidade...)
- Repasar unha vez máis (Porque isto xa o vimos noutra lección ) os estados da materia e como se chaman os cambios dun estado a outro (Xa sabedes que aínda que nas diapositivas a parece a sublimación puxéno só en resposta ás vosas preguntas pero non nos entra todavía)
- A regla das 3 R: reciclar, reutilizar e reducir. Saber en que consiste cada un deses procesos
- Casi o esquezo !! Por suposto hai que saber distinguir e dar exemplos de cousas que sexan materia e cousas que non.
Penso que non esquecín nada, se vedes que falta algo avisádeme para que o poña canto antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario